Bardot, Brigitte

Bardot, Brigitte

Actriz de cine francesa. O seu desexo era converterse nunha boa bailarina, pero as súas calidades diante da cámara fixeran que encarnase o mito dun tipo de muller nova,   inxenua, sensual e ceibe. A película que a lanzou á popularidade foi Et Dieu... créa la femme (E Deus creou a muller, 1956) de Roger Vadim. Participou tamén nos seguintes filmes: Les dents longues (Os dentes longos, 1952), Helen of Troy (Helena de Troia, 1955), Une parisienne (Unha parisina, 1957), La verité (A verdade, 1960), Le mépris (O desprezo, 1963), Tre pasi nell´delirio (Historias extraordinarias, 1968) e Don Juan 1973 (1973). Retirada do mundo do espectáculo, dedicouse á loita pola defensa dos animais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París