2 bario
2 bario
-
adx
Relativo ou pertencente aos barios.
-
s
Individuo do pobo dos barios.
-
s
[ETN]
Pobo das chairas interiores de Etiopia, que habita entre as ribeiras do Bahar el Djebel e o Lago Turkana. Os barios, aproximadamente uns 35.000 individuos, practican a gandería e a agricultura de xeito tradicional. A súa estrutura de parentesco organízaos en clans patriarcais exogámicos. A súa lingua, falada por aproximadamente 520.000 individuos de diversos pobos (barios, mondarios, kukus, faiulus, etc), pertence ao grupo chari-nilótico.