barión
barión
(< bario)
s
m
[FÍS]
Hadrón de spin semiimpar (1/2, 3/2, 5/2, etc); os barións son, polo tanto, fermións hadrónicos. Atribúeselles un número bariónico B, que vale +1 para os barións e -1 para os antibarións. No actual modelo de quarks, un barión é un hadrón constituído por tres quarks e un antibarión por tres antiquarks. Os barións de menor masa son os dous nucleóns (o protón e o neutrón); os barións de masa superior e rareza non nula son os hiperóns.