Barlaam e Josafat
Barlaam e Josafat
[LIT/RELIX]
Tema literario que exemplifica a intercomunicación cultural entre Oriente e Occidente. Co título de Salita Vistava existiu unha lenda india, escrita en sánscrito, que trataba sobre a vida de Buda; este, nun determinado episodio, tiña catro encontros (cun ancián, cun doente, cun morto e cun asceta) e deducía as consecuencias morais. A lenda, a través dunhas traducións xeorxianas, chegou á literatura grega. O protagonista é agora Josafat, fillo do Rei Abenner, que, educado no luxo e no pracer, a través destes encontros coñece a realidade do sufrimento e da morte, e grazas ás explicacións do asceta, personaxe do último encontro, convértese ao Cristianismo.