barlote
barlote
s
m
[MAR]
Embarcación de vela e temón, típica da costa cantábrica galega xa desaparecida. A súa eslora abranguía unha lonxitude aproximada de entre sete e dez metros. Saían a pescar con palangres e rascos cos que se collía raia, linguado ou centolas. Levaba unha tripulación composta por catro homes que, por norma xeral, eran familiares ou veciños próximos. O barlote adoitaba ser da exclusiva propiedade do patrón ou dunha soa casa, atendendo á característica familiar desta pesca. A repartición das ganancias facíase por cestas, respectando a xerarquía laboral existente no barco: máis cestas para o patrón e menos para o mariñeiro. O barlote desapareceu cara aos anos vinte e trinta do século XX, ao perder a súa utilidade práctica.