barloventar

barloventar

(< barlovento)

v t [MAR]

Navegar manobrando de xeito tal que, dando bordadas sucesivas en zig-zag, se consiga seguir o rumbo dirixido cara ao fío do vento, na amura, ofrecendo deste xeito unha menor resistencia á forza do vento. O éxito desta manobra depende unicamente das liñas do casco e da habilidade do patrón. Unha regra xeral, e que convén ter presente en todo momento, é que barloventando a distancia dóbrase, o tempo triplícase e o abatemento multiplícase por catro.

Palabras veciñas

barloa* | barlote | barloventadora | barloventar | barlovento | barlovento | Barlovento