Barnard, Christian Neething

Barnard, Christian Neething

Médico cardiólogo sudafricano. Licenciouse na Universidade do Cabo e especializouse en cirurxía cardio-pulmonar na Universidade de Minnesota (EE UU), onde aprendeu as técnicas de transplante de corazón en animais. No 1958 volveu a Sudáfrica. Alí realizou por primeira vez un transplante de corazón humano (1967), un de corazón e pulmóns ao mesmo tempo (1971) e tamén foi o primeiro en implantar un corazón adicional en pacientes humanos (1974).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Beaufort West, provincia do Cabo

  • Falecemento