Barnaul
Barnaul
Capital do territorio do Altai, Rusia (591.640 h [1995]). Situada nas beiras do encoro de Kamensk, sobre o río Obi. Fundada no 1738 como centro de afinación de ouro e prata, a partir do 1900 converteuse no centro comercial dunha nova área, primeiro agrícola e logo industrial. Posúe un importante observatorio meteorolóxico.