Barolini, Antonio

Barolini, Antonio

Escritor italiano. Na poesía iniciouse con La gaia gioventù (A alegre xuventude, 1938), onde se manifestaba xa a súa ansia relixiosa; Il meraviglioso giardino (A marabillosa horta, 1941) e Il veliero sommerso (O veleiro somerxido, 1949) son obras que, xunto con outras, forman a antoloxía L’angelo attento (O anxo atento, 1968). Pola contra, as Elegie di Croton (Elexía de Croton, 1959) constitúen unha análise irónica pero afectuosa dos costumes. Como narrador destaca con Giornate di Stefano (1930).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vicenza

  • Deceso

    Lugar : Roma