barqueiro -ra
barqueiro -ra
(< barca)
-
s
Persoa que goberna unha barca.
Ex: Pedinlle ó barqueiro que me cruzara á outra beira do río.
-
s
Persoa que conduce ou goberna unha barca pequena de transporte, destinada a traxectos curtos para o tráfico dos portos e outros lugares onde ancoran as embarcacións.
Ex: Os barqueiros constituíron unha cooperativa para o transporte no río.
-
s
Persoa que aluga barcas.
Ex: O barqueiro que estaba na lagoa cobrounos as dúas horas que estivemos coa barca.
Frases feitas
-
Cantar as do barqueiro a alguén. Dicirlle claramente a verdade a unha persoa.