Barre, Raymond
Barre, Raymond
Político e economista francés. Dende o 1963 foi catedrático de Economía Política da facultade de Dereito de París. Ocupou o cargo de vicepresidente da comisión das Comunidades Europeas. Independente adherido á UDF, foi primeiro ministro (1976-1981) e ministro de Economía e Finanzas (1976-1978), dende onde desenvolveu a política económica de austeridade de V. Giscard d’Estaing. Durante a permanencia dos socialistas no poder (1981-1993), foi un dos xefes da oposición conservadora. Deputado no 1993 a raíz das eleccións da asemblea nacional, no 1995 foi elixido alcalde de Lyon.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Saint Denis -
Nacemento
Lugar : París