1 barreira

1 barreira

(< barra)

  1. s f

    Calquera dispositivo que se utiliza ben para separar un lugar doutro ou ben para impidir ou obstaculizar o paso ou acceso a un lugar.

    Ex: Puxeron unha barreira para impedir que pasaran os peóns. Houbo que baixar a barreira do paso a nivel para que puidese pasar o tren.

  2. s f

    Obstáculo material ou moral que separa dúas cousas ou dúas persoas.

    Ex: A serra do Suído constitúe unha barreira para as choivas. Decidiron romper a súa relación porque existía unha gran barreira ideolóxica entre eles.

  3. s f

    Obstáculo ou impedimento para que algo se realice.

    Ex: O feito de estaren lonxe non foi unha barreira para que continuasen sendo amigos.

    Sinónimos: atranco.
  4. s f [ARQUIT]

    Nas fortificacións antigas, parapeto que servía para defenderse dos inimigos.

  5. s f [DEP]

    En certos deportes de oposición, fila de xogadores que se colocan diante da meta, permanecendo estáticos, para evitar que o equipo contrario acade un tanto, especialmente os defensores nos deportes con balón durante a execución dos lanzamentos de golpes francos.

  6. s f [ECOL]

    Obstáculo, natural ou artificial, que impide que unha especie ocupe todo o seu territorio potencial de distribución ao afectar a súa capacidade de dispersión. As barreiras poden ser espaciais, climáticas, edáficas e bióticas.

    Ex: A chuvia orixinou unha barreira infranqueable para os animais da outra banda do río.

  7. s f [ESPECT]
    1. Antepeito de madeira que circunda o círculo central das prazas de touros e que serve de protección aos toureiros cando os persegue o touro.

    2. Localidade destinada ao público que está situada inmediatamente detrás da barreira.

  8. s f [HERÁLD]

    Moble heráldico que representa un anaco de garrote co que se rodeaba a liza nos torneos.

  9. s f [INFORM]

    Sistema de defensa dunha rede informática deseñado para impedir que accedan a ela persoas non autorizadas e para evitar danos causados por datos recibidos nela.

  10. s f [PSIC]

    En psicanálise, designa metaforicamente o sistema defensivo realizado polo suxeito contra as lembranzas e motivacións indesexables.

  11. barreira acústica

    Pantalla que se sitúa na beira dunha vía, especialmente en zona urbana, para limitar o efecto do ruído dos vehículos sobre as edificacións veciñas.

  12. barreira de calor [AERON]

    Conxunto de fenómenos térmicos que aparecen nunha aeronave, polo efecto do quentamento cinético.

  13. barreira de decantación [ENX]

    Muro baixo construído no leito dun río ou no fondo do mar, cando se producen movementos de auga, para reter os seixos e a area.

  14. barreira de golpe [TECNOL]

    Barreira que nos pasos a nivel se pecha automaticamente cando se achegan os trens.

  15. barreira de potencial [FÍS]

    Rexión finita do espazo na que a enerxía potencial dun campo presenta un máximo. Segundo a mecánica clásica, é imposible o paso de calquera partícula de enerxía cinética inferior á do máximo da barreira, pero segundo a mecánica cuántica existe unha posibilidade, non nula, de que a partícula atravese a barreira.

  16. barreira de seguridade [AERON]

    Dispositivo que adoita ser unha rede, empregado nos portaavións cando falla o dispositivo de retención para deter as aeronaves que aterran.

  17. barreira do son [AERON]

    Conxunto de fenómenos aerodinámicos que aparecen no desprazamento dun móbil no seo dun gas a velocidades próximas ás do son, xeralmente entre Mach 0,8 e Mach 1,2. A estas velocidades a resistencia aumenta violentamente e prodúcense ondas de choque que provocan vibracións e defectos na estabilidade.

  18. barreira hematoencefálica [FISIOL]

    Barreira formada polo endotelio vascular e a membrana glial perivascular do cerebro, que constitúe un complexo mecanismo fisiolóxico regulador do paso de substancias potencialmente nocivas para o cerebro, ou capaces de alterar a composición do líquido cefalorraquídeo.

  19. barreira non arancelaria [ECON]

    Tipo de regulamento do comercio exterior para restrinxir as operacións de importación no seu país. A súa natureza pode ser monetaria, comercial, técnica, sanitaria, etc e pode consistir en controis ou regulamentacións. Constitúe a base do proteccionismo estatal ou de grupos de estado.

  20. barreira placentaria [FISIOL]

    Termo aplicado á membrana de intercambio placentario. Está constituída polas paredes primeiras das pilosidades placentarias e actúa como un filtro.

  21. barreira reprodutiva [BIOL]

    Factor que impide que unha poboación que se propaga sexualmente se mesture e intercambie xenes con outra poboación.

Palabras veciñas

Barredo | Barredo | barregán -na | 1 barreira | 2 barreira | Barreira | Barreira