Barreiro Barreiro, Xosé Luís
Catedrático da facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. É doutor en Filosofía pola Universidade Santo Tomás de Roma e Complutense de Madrid. Exerceu como decano da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación entre os anos 1986 e 1995. Foi secretario e codirector da revista Agora. É presidente da área de Pensamento Filosófico do Seminario de Estudos Galegos, director de varias coleccións editoriais e colabora coa Universidade do Minho (Braga) na edición dunha monografía titulada Pensar en Europa. Entre as súas obras destacan: El ser nocional y su despliegue en Amor Ruibal (1969), Mundo, hombre y conocimiento en Amor Ruibal (1978), O Pensamento Galego na Historia. Aproximación crítica (1990-1992), Indalecio Armesto, hegeliano e romántico (1990-1992), O ensaio filosófico en Galicia (1995), Martín Sarmiento, na insuficiencia da Ilustración (1995), Fundamentación metafísica del conocimiento en Amor Ruibal (2000) e “Estudio preliminar y versión española” da Antoniana Margarita de Gómez Pereira (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dúagrexas -
Deceso
Lugar : Forcarei