Barreiro García, Xosefa

Barreiro García, Xosefa

Profesora de ensino primario e actriz. Iniciou a súa traxectoria no taller de interpretación creado pola Escola Dramática Galega en Vigo, baixo a dirección de João Guisan, para logo participar na posta en marcha do obraboiro que promoveron en Cangas o grupo Mua e a Escola Dramática Galega e no seu primeiro e único espectáculo E vostede, como se chama?, estreado en 1985. Posteriormente, participou na creación de Teatro de Ningures, grupo co que realizou os espectáculos Zeussión Continua (1986), María Soliña (1988), Crónica de Pantagruel (1992), O polbo (1993), Macbett (1994), Tic-tac (1995) ou Terra de Lobos (1996). Co Centro Dramático Galego traballou nos espectáculos Como en Irlanda (1996), Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron (1997), O peregrino errante que cansou ao demo (1997), O Bufón de El Rei (1997) ou Antígona (1998). Participou tamén en espectáculos de grupos de monicreques e bonecos, imparte cursos de expresión corporal e expresión dramática e colabora co grupo de danza Dobre Xiro co que realiza o espectáculo A casa das cinco esquinas (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vedra