Barreiro Gómez, Xosé
Pintor. Realizou estudos de Artes Plásticas en Madrid e en París sobre a Escola Francesa. Comezou a súa actividade en Pontevedra e en 1963 trasladouse a París, onde reinterpretou o Fauvismo, realizando unha pintura instalada nunha figuración elíptica e expresionista pero na que se resumen as atmosferas e os conceptos da antropoloxía galega. En 1965 instalouse en Vigo e coñeceu a Laxeiro e Urbano Lugrís. Con Lugrís, con quen compartiu casa e estudo durante catro anos, iniciou a técnica do pirogravado. En 1969 trasladouse a Bos Aires convidado por Laxeiro para realizar exposicións e coñecer o ambiente artístico e cultural da cidade arxentina. A estadía prevista para uns meses durou tres anos. Neste tempo púxose en contacto con numerosos artistas como López Claro, Betinelli ou Quintela Martín, coñeceu a Luís Seoane e realizou exposicións en Arxentina, Chile, Brasil e Uruguay. Xa de volta en Galicia, en 1972, iniciou unha frenética actividade expositiva pola xeografía española. A Galería Durán (Madrid) que o representa, púxoo en contacto coas galerías norteamericanas como a Galería Michel Karel de Miami Beach, que representa a súa obra en Florida. Ademais de pintar, realiza gravados, cerámica e escribe. Recibiu en 1957 o primeiro premio de Pintura Joven e en 1957 o de Acuarela, ambos en Pontevedra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Forcarei