Barreiro Somoza, José
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Dereito Canónico e doutor en Teoloxía. Foi profesor de Teoloxía do Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e de Relixión na Universidade Laboral da Coruña. Membro do consello de redacción e colaborador da revista Compostellanum (1967-1971) onde escribiu sobre temas de teoloxía moral (“Pecado y psicología analítica actual”, 1963; “La psicopatología de la anticoncepción”, 1965). Dende 1986 é profesor de Historia Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. No eido da investigación histórica publicou Ideología y conflito de clases. Siglos XI-XIII (1977) e El señorío de la Iglesia de Santiago de Compostela: siglos IX-XIII (1987), que foi o tema da súa tese de doutoramento. Así mesmo, colaborou en obras colectivas como Galicia, rasgos originales y perspectivas de conjunto (1981) ou Dende Galicia: Marx: Homenaxe a Marx no 1° Centenario da súa morte (1985).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ribela, A Estrada