Barrès, Maurice
Escritor e político francés. Individualista refinado, interesado polo subsconsciente e o instinto, integrada polas novelas Culte du moi (Culto do eu): Sous l’oeil des Barbares (Baixo a mirada dos bárbaros, 1888), Un homme libre (Un home libre, 1889) e Le jardin de Bèrenice (O xardín de Bèrenice, 1891). Fundou en 1894 o xornal nacionalista La Cocarde. Participou nas loitas políticas da época; elixido deputado por París (1906), evoluíu cara a un nacionalismo sentimental. Publicou a triloxía Le Roman de l’energie nationale (A novela da enerxía nacional): Les déracinés (Os desterrados, 1897); L’appel au soldat (A chamada ao soldado, 1900); Leurs figures (As súas figuras, 1902). Outras obras da súa autoría son: Au service de l’Allemagne (Ó servizo de Alemaña, 1905), Colette Baudoche (1909) e La colline inspirée (O outeiro inspirado, 1913). Sobre a Primeira Guerra Mundial publicou unha serie de artigos que conformaron a obra La Chronique de la grande guerre (A crónica da gran guerra, 1920-1924).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : sur -
Nacemento
Lugar : Charmes, Lorena -
Deceso
Lugar : Seine