Barreto
Liñaxe galega, oriúnda de Portugal. Segundo algúns investigadores procede dos arredores de Barra de Viana, topónimo que collerían como apelido os seus descendentes. Emparentaron cos marqueses de Montevelo, cos duques de Gandía, cos condes de Lemos, etc. Pasaron a América, asentándose en Cuba, Venezuela e Perú. As súas armas levan, escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, con dous bastóns de goles; a segunda partición, en campo de prata, cun cabaleiro ben armado levando un martelo de ferro na súa man destra e un escudo embrazado na sinistra; bordo de prata con cinco escudiños de azul, cargado cada un de cinco besantes de prata postos en aspa, representación das quinas de Portugal. Outros traen escudo de prata, sementado de armiños de sable.