Barrionuevo Peña, José María
Político e avogado. Licenciado en Dereito e Periodismo pola Universidade de Madrid. Na súa etapa universitaria estivo vencellado a sectores tradicionalistas, formando parte do Sindicato Español Universitario (SEU). Afiliouse posteriormente ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), polo que resultou elixido concelleiro de Madrid (1979). Foi nomeado ministro de Interior na primeira lexislatura do PSOE (1982), desde onde asumiu a reorganización dos corpos policiais (Ley de Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado) e a loita fronte aos grupos de oposición armada, fundamentalmente ETA e GRAPO. En 1988 fíxose cargo da carteira de Transportes, Turismo e Comunicacións, cargo que abandonou en marzo de 1991. En 1998 o Tribunal Supremo condenouno polo caso Segundo Marei a 10 anos de cárcere. O seu ingreso na prisión de Guadalajara o 11 de setembro desencadeou fortes protestas e manifestacións dos sectores socialistas ata que foi indultado polo goberno o 24 de decembro de 1998.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Berja, Almería