Barthes, Roland

Barthes, Roland

Crítico literario e sociólogo postestruturalista francés. A súa obra, baseada na lingüística de Saussure e Bloomfield, abarca dende unha reflexión sobre a condición histórica da linguaxe literaria, Le degré zéro de l’ecriture (O grao cero da escritura, 1953) e a tentativa de constituír unha semioloxía da moda, Système de la mode (Sistema da moda, 1967), ata demostrar a pluralidade significativa do texto literario. Cómpre salientar as súas coleccións de ensaios Mythologies (Mitoloxías, 1957) e Essais critiques (Ensaios críticos, 1964). A crise que viviu como creador viuse reflectida nalgunhas das súas obras: Roland Barthes par Roland Barthes (Roland Barthes por Roland Barthes, 1975) e Fragments d’un discours amoreux (Fragmentos dun discurso amoroso, 1977).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cherbourg

  • Deceso

    Lugar : París