Bartók, Béla

Bartók, Béla

Compositor, musicólogo e pianista. Dende 1894 estableceuse en Pozsony, actual Bratislava, onde realizou estudios musicais. Como compositor, foi influído nos seus comezos por Brahms e Liszt, pero no despregamento da súa personalidade musical o papel decisivo correspondeulle ao coñecemento profundo da música folclórica, labor de investigación que realizou xunto con Zoltán Kodály a partir de 1905 e que sería decisivo na súa obra, sobre todo dende o ano 1926. Realizou un uso libre do total cromático e introduciu unha sólida forza estruturadora tonal, sen aceptar, sen embargo, un método ríxido. As súas obras máis destacadas son: a ópera nun acto A kekszakállu Herceg Vára (O castelo de Barba Azul, 1911); o ballet A Csodálatos mandarin (O mandarín milagroso, 1919); Tanz Suite (Suite de danza, 1923), composta co gallo da celebración do 50 aniversario da unión das cidades de Buda e Pest; a colección de exercicios pianísticos Mikrokosmos (Microcosmos, 1926-1939) ou a Sonata para dous pianos e percusión (1937). En 1940 estableceuse en EE UU, compoñendo as súas derradeiras obras: o Concerto para orquestra (1943), a Sonata para violín só (1944) e o Concerto para piano nº 3 (1945). Bartók deixou un legado científico compilado en coleccións de música folclórica, libros, artigos e estudios dedicados aos problemas musicais do s XX.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nagyszentmiklós, Hungría, actualmente Sînnicolau Mare, Romanía

  • Deceso

    Lugar : Nova York