Barxa
Barxa
Río da conca do Limia, afluente do Salas pola esquerda. Nace da confluencia dos regos do Ramiscal e da Mazaira no lugar dos Carballos, na parroquia de Randín (concello de Calvos de Randín). O seu curso sigue unha dirección S-N ata a súa desembocadura no Salas, que se produce no lugar de Candorpe, na mesma parroquia de Randín, logo dun percorrido de pouco máis de 4 km.