Barxeta

Barxeta

Municipio da provincia de València, drenado polo río Barxeta, afluente do Albaida pola dereita (1.610 h [1996]). O termo é, polo xeral, chan, con algunhas ondulacións suaves. A agricultura é o principal sector de actividade, destacando as laranxeiras e as hortalizas. Hai granxas de aves e muíños de aceite. Antigo casarío do termo de Xàtiva, foi lugar de mouriscos. A actual igrexa foi construída no 1733.