Barye, Antoine-Louis
Barye, Antoine-Louis
Escultor. Gran coñecedor das formas animais, traballou para un ourive e realizou modelos de animais para o Jardin des Plantes de París (1823-1831). A súa primeira época testemuña unha busca apaixonada do movemento. En 1837 impedíuselle expoñer nos salóns pero reapareceu en 1847 co León en repouso, sinal dunha nova dirección na súa obra: a busca romántica do movemento foi substituída pola clásica do equilibrio (Combate do centauro e do lapita, 1850). Realizou o tímpano do Pavillón do Reloxo do Louvre con Napoléon dominando a Historia e as Artes. Tamén cultivou a pintura.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso