barzelletta*
barzelletta*
s
f
[LIT]
Composición poético-musical, inspirada na tradición popular italiana, que se caracteriza polo emprego de metros e rimas irregulares e polos contidos xocosos e hiperbólicos. A partir da segunda metade do século XV, converteuse nunha modalidade habitual da canción de entroido. Entre os seus cultivadores destacan os poetas cortesáns Poliziano e Francesco Galeota.