Bascuas, Pazo de

Bascuas, Pazo de

Situado na parroquia de Rendal (concello de Arzúa), a actual fábrica (1709), produto dunha reforma das construcións anteriores, é de estilo barroco. Ten planta en escuadra e o seu elemento máis sobranceiro é a fachada principal, cunha portada monumental adornada por elementos típicos do barroco compostelán, como os bacelos ou as molduras. Sobre o lintel vai un frontón curvo partido, timbrado cun escudo de armas que incorpora as dos Seixas, dos Pimentel, dos Bolaño e dos Ribadeneira. A capela do pazo é exenta, de planta rectangular e coa cuberta a dúas augas; a súa fachada remata cunha espadana para a campá.

Palabras veciñas

Bascuas | Bascuas | Bascuas Brea, Teresa | Bascuas, Pazo de | báscula | basculador | basculante