Basedow, Johann Bernhard

Basedow, Johann Bernhard

Pedagogo e teólogo alemán, coñecido co pseudónimo de Bernard de Nordalbingen. Influído polas ideas do filósofo inglés Locke e do francés Rousseau, en 1774 proxectou unha reforma educativa que aplicou no instituto Philanthropinun de Dessau (1774-1793), do que foi director, e promoveu a creación de escolas semellantes durante o s XVIII. Basedow defendeu a educación activa e humanística. As súas leccións influíron en Pestalozzi. Escribiu, entre outros, Vorstellung an Menschenfreunde und vermögende Männer über Schulen (Proposición aos filántropos e aos poderosos sobre as escolas, 1768) e Elementarbuch (Libro elemental, 1774).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Magdeburgo