Basie, William
Basie, William
Pianista, director de orquestra, compositor e arranxador de jazz norteamericano, coñecido como Count Basie. No ano 1935 fundou en Chicago a súa propia orquestra, despois de tocar en diferentes grupos musicais e amenizar proxeccións de cine mudo. Como pianista caracterizouse polo uso da repetición de breves frases rítmico-melódicas, chamadas riffs, que de súpeto alternaba con acordes orixinais. Entre a súa discografía destacan: I’m beginning to see the light (Estou comezando a ver a luz, 1963) e High voltage (Alta voltaxe, 1970).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Red Bank, Nova Jersey -
Deceso
Lugar : Hollywood