1 bastardo -da

1 bastardo -da

(

  1. adx

    Quen naceu dunha relación extramatrimonial.

    Ex: Os fillos bastardos do conde herdaron as súas posesións tralo preito.

    Sinónimos: natural.
  2. s

    Fillo de muller solteira ou nado fóra do matrimonio.

  3. adx

    Que non pertence a unha especie ou a unha caste pura.

    Ex: Temos un gato bastardo moi semellante á raza siamesa.

  4. s m

    ariedade de uva tinta de bagos pequenos e apertados.

    Ex: A variedade coñecida como siamés tamén se dá no val de Monterrei.

  5. adx

    Que ou quen actúa de modo inmoral, con fins ou intencións faltas de nobreza.

    Ex: Traizoar a un amigo foi un feito bastardo.

  6. [HERÁLD]
    1. s

      Nas representacións heráldicas o carácter de bastardo dun personaxe ou dunha familia está indicado pola orientación na que está colocado o casco.

    2. liña/rama bastarda

      Liña ou rama familiar que procede dun fillo bastardo.

  7. s m [MAR]

    Pequeno cabo que enfila os cabos do colar de raca, tamén se chama cabo bastardo.

  8. s f [MAR]

    ela maior latina das embarcacións de aparello latino, chamada tamén vela bastarda.

  9. s f [TECNOL]

    Lima estriada en dous sentidos, cunha distancia entre os dentes que é aproximadamente dun milímetro; emprégase para efectuar un desvaste preliminar consistente en levantar capas de máis de medio milímetro de grosor.

  10. escritura bastarda [ESCR/ARQUIV]

    Escritura que aparece en certas chancelerías a mediados do s XIV, empregada tamén para a redacción de códices, sobre todo, en lingua románica. As características máis remarcables son: a inclinación á dereita, o acentuado relevo e a simplicidade dos tipos.

  11. letra bastarda

    Letra de imprenta que imita a escritura bastarda.

Palabras veciñas

bastar | bastardía | 2 bastardo | 1 bastardo -da | bastarno -na | Bastavales | Bastavales