Basterra, Xoán Antón

Basterra, Xoán Antón

Mestre de capela da Catedral de Tui. Desenvolveu o seu labor entre os anos 1769 e 1790, aínda que xa era organista da catedral cando accedeu ao maxisterio. Consérvanse 25 composicións saídas da súa man, a maior parte a catro ou cinco voces e orquestra, que manteñen un estilo barroco a pesar de que o tránsito ao Clasicismo se verificaba no seu período compositivo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Calahorra, La Rioja

  • Deceso

    Lugar : Tui