Bastia
Bastia
Capital do departamento da Alta Córsega, na illa de Córsega, Francia, situada na costa do Mar Tirreno, no extremo NL da illa (37.845 h [1990]). É o núcleo industrial e o centro comercial máis importante de Córsega, ademais dun relevante porto pesqueiro. A cidade, fundada por xenoveses no 1313 e capital da illa ata 1791, atópase no costado dunha pequena badía, onde se sitúa o antigo porto. A partir do 1453 foi residencia do gobernador xenovés e seguiu a dinámica histórica xeral de Córsega. Foi ocupada polos ingleses en 1745 e 1794, e polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial.