bastida

bastida

(< fr bastide ‘cidadefortificada’)

  1. s f

    Máquina de guerra que se utilizaba para bater os castelos e prazas fortes consistente nunha gran torre de madeira con rodas onde se introducían os soldados. Arrimábase ás murallas e unha ponte levadiza facilitaba aos atacantes o asalto á fortificación.

  2. s f [URBAN]

    Recinto urbano fortificado e de trazado hipodámico empregado polos francos para establecer os seus colonos nas terras que ocupaban. No estado español hai mostras de bastidas francas estendidas polo territorio da Marca Hispánica carolinxia, nas actuais comunidades de Navarra, Aragón e Catalunya, establecidas en moitas ocasións a carón dos poboados autóctonos.