Bates, mimetismo de
Bates, mimetismo de
[ECOL]
Fenómeno descrito por H. W. Bates en 1862 que consiste na semellanza do deseño, da coloración ou mesmo da conduta de especies inocuas con respecto a outras especies tóxicas, mesmo velenosas ou perigosas. Isto sérvelle á especie inofensiva para ser confundida polos depredadores coa especie perigosa e, xa que logo, evitar o ataque. Obsérvase, por exemplo, entre os himenópteros velenosos e os dípteros inofensivos, que comparten coloración e deseño.