Bauer, Bruno
Teólogo, historiador e crítico alemán. Foi discípulo de Hegel e profesor de Teoloxía en Berlín (1834) e en Bonn (1839). Tentou conciliar a Filosofía coa Teoloxía aínda que posteriormente negou todo Cristianismo, sendo un dos representantes máis destacados da esquerda hegeliana. No ano 1842 foi destituído da cátedra polas críticas radicais da historicidade dos evanxeos, expresadas en obras como Kritik der evangelischen Geschichte der Synoptiker (Crítica da historia evanxélica dos sinópticos, 1841-1842) e Christus und die Cäsaren: der Ursprung des Christentums aus dem römischen Griechentum (Cristo e os Césares: o xurdimento do Cristianismo a partir do helenismo romano). A partir de 1843 analizou aspectos históricos e políticos que foron duramente criticados por Marx e Engels. Xa a partir de 1850 volveu á crítica teolóxica e, no ano 1870, converteuse nun fiel seguidor de von Bismarck.
Cronoloxía
- 
                        NacementoLugar : Eisenberg, Turinxia
- 
                        DecesoLugar : Rixdorf, preto de Berlín
