Bava, Mario
Bava, Mario
Realizador cinematográfico e cámara italiano. Traballou con destacados profesionais do cine como De Robertis, Camerini, Emmer, Steno e Monicelli. Un dos seus grandes éxitos foi La maschera del Demonio (A máscara do demonio, 1960), un filme cheo de belas imaxes e cun guión de gran calidade. Dirixiu tamén Le meraviglie di Aladino (A marabilla de Aladino, 1962), Sei donne per l´assassino (Seis mulleres para o asasino, 1963), Reazione a catena (Reacción en cadea, 1971), La casa dell´esorcismo (A casa do esorcismo, 1975) e Shock (Impacto, 1977).
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso