1 bávaro -ra
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Baviera, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante da rexión alemá de Baviera.
-
s
m
[ETN/HIST]
Estirpe xermánica da rama dos marcomanos que, logo de emigrar de Bohemia no s VI, se instalou no territorio da actual Baviera, onde se mesturou con elementos romanos. No s VII foron sometidos polos francos.
-
s
m
[LING]
Un dos tres grupos dialectais que xunto co alamánico e o fráncico constitúen o alto alemán. O seu dominio lingüístico abrangue, ademais de Baviera, algunhas áreas lingüísticas illadas de Hungría, Transilvania, e o sur ata Gottschee, no país esloveno, onde, xunto coas falas autóctonas deste lugar, constitúe o grupo austrobávaro. O bávaro aparece documentado por primeira vez en glosas e textos breves de carácter relixioso recollidos no s VIII.
-
técnica bávara
[DEP]
Sistema de escalada para franquear cornixas e gretas mediante a forza antagónica dos pés e das mans contra a parede.