Baxter, Anne
Baxter, Anne
Actriz norteamericana. Estudiou Arte Dramático con María Ouspenskaya e debutou aos trece anos no teatro, en Broadway. En 1940 iniciou os seus traballos en Hollywood; gañou o Oscar á Mellor Actriz polo seu traballo en The razor’s edge (O fío da navalla, 1946) e foi nominada por All about Eve (Eva espida, 1950). Nos seus últimos anos como actriz traballou na serie de televisión Hotel. Escribiu unha biografía titulada Intermission: a true story (Intervalo: a verdadeira historia). Participou nos filmes: Twenty mule team (Puño de ferro, 1940), Five Graves to Cairo (Cinco tumbas no Cairo, 1943), The ten Commandments (Os dez mandamentos, 1956), Cimarrón (Cimarrón, 1960) e Jane Austen in Manhattan (Jane Austen en Manhattan, 1980).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Michigan City, Indiana -
Deceso
Lugar : Nova York