Bay, Michel de
Bay, Michel de
Teólogo belga, tamén coñecido co nome de Michael Baius. Foi profesor da Universidade de Lovaina e director do Colexio Standonk. Interpretando a ensinanza antipelaxiana de santo Agostiño, afirmou que o pecado orixinal implica unha mutilación da natureza, que en todo momento queda sometida á concupiscencia. Pío V condenou 79 puntos da súa doutrina, condena repetida por Gregorio XIII (1579) e Urbano VIII (1641). Está considerado un precursor do Xansenismo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mélin, Hainaut -
Deceso
Lugar : Lovaina