Bayamo

Bayamo

Capital da provincia de Granma (antiga provincia de Oriente), Cuba, nunha chaira ao pé da Sierra Maestra (140.000 h [1995]). Fundada polos españois en 1513, o seu porto fluvial á beira do río Cauto acadou grande importancia comercial, pero declinou ao atuírse con sedimentos. A cidade foi escenario de varias accións de sona nas guerras de independencia da segunda metade do s XIX.