Bayer, Herbert

Bayer, Herbert

Artista e deseñador gráfico austríaco. Fixo estudios de arquitectura, tipografía e pintura mural na Bauhaus, onde foi profesor entre os anos 1925 e 1928. Despois estableceuse en Berlín, onde traballou como grafista publicitario; neste eido cómpre destacar as experiencias que desenvolveu para lograr a plena integración da fotografía no campo da publicidade. No ano 1938 exiliouse nos EE UU e unha vez rematada a Segunda Guerra Mundial relacionouse co Institute of Humanistic Studies de Aspen (Colorado), do que proxectou o seu edificio. Dende 1953 preocupouse sobre cuestións do contorno, de xeito que concibiu algunhas obras (o Marble Garden, 1955, e o Grass Monument para o Instituto de Aspen) consideradas como as pioneiras do land art.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Haag am Hausruck, Alta Austria

  • Deceso

    Lugar : Santa Barbara, California