baza

baza

(<ár bazza ‘ganancia conquistada na disputa’)

  1. s f [XOGO]

    Conxunto das cartas xogadas nunha man ou volta dunha partida de cartas.

    Ex: Xa tirei o ás na baza anterior, así que só me queda o tres.

  2. s f [XOGO]

    Número de puntos conseguidos nunha mesma man.

    Ex: Gañastes porque vos saíu unha baza ben boa.

  3. s f

    Circunstancia favorable que acontece no momento ou no lugar apropiado.

    Ex: Aproveitei a baza de poder volver tan pronto do traballo.

    Sinónimos: oportunidade.
  4. s f [ETN]

    Parte do emparrado da videira que queda entre os esteos.

  5. facer unha baza [XOGO]

    Gañar unha man nunha partida de cartas.

Frases feitas

  • Collerlle (alguén) as bazas a outra persoa. Deixar de respectárense dúas persoas mutuamente.

  • Meter (alguén) baza. Intervir alguén nunha conversa que lle é allea.

  • Non deixar meter baza. Non permitir que un interlocutor fale.

  • Sacar baza. Sacar proveito nalgún acto.

  • Tomar baza. Adoptar unha postura de superioridade ou ameazante.