Baza, Hoya de
Baza, Hoya de
Comarca de Andalucía, na provincia de Granada, que constitúe a chamada Andalucía das estepas. É unha ampla conca elevada de máis de 1.000 m de altitude que forma parte da depresión intrabética. A cidade de Baza é o centro comercial da bisbarra. No Cerro do Santuario (necrópole ibérica dos ss V - III a C) atopouse a Dama de Baza, escultura ibérica en pedra.