Bazán

Bazán
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe descendente das casas reais de Castela, Aragón e Navarra. Foron señores do val de Baztán, en Navarra. Algúns membros desta familia pasaron a Galicia, establecéndose en Cambados, Cores (Pontevedra) e Rianxo. A súa nobreza foi proclamada pola Real Audiencia de Galicia en Auto de 5 de febreiro de 1787, resolución confirmada polo Rei Carlos III. O tronco dos Bazán galegos disque foi Alonso Gonzalo de Bazán, personaxe que se fixo célebre logo de rescatar dos franceses o Rei de Navarra Sancho de Abarca. Esta caste emparentou con ilustres familias galegas como os condes Gutierre e Ilduara, e a ela pertenceu Emilia Pardo Bazán. As súas armas levan escudo axadrezado de prata e sable; bordo de goles, con oito aspas de ouro.