Bea, Augustin
Bea, Augustin
Xesuíta e cardeal alemán. Desde 1917 foi profesor da Sagrada Escritura en Valkenburg e despois en Roma, na Universidade Gregoriana e no Instituto Pontificio Bíblico, do que foi reitor en 1930-1949. Dirixiu a revista Bíblica e foi consultor das congregacións de seminarios, de ritos e do Santo Oficio. No ano 1959, Xoán XXIII nomeouno cardeal e ao ano seguinte presidente do novo secretariado para a unión dos cristiáns. En 1963 Paulo VI escolleuno como membro do Santo Oficio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Riedböhringen, Baden -
Deceso
Lugar : Württembert -
Deceso
Lugar : Roma