Beardsley, Aubrey Vincent
Beardsley, Aubrey Vincent
Debuxante inglés de formación autodidacta. Iniciou a súa andaina pictórica inspirándose nos renacentistas italianos, no prerrafaelismo, na estampa xaponesa e na pintura de cerámica grega, creando un estilo característico do decadentismo inglés. Nas ilustracións para Salomé (1894), de O. Wilde, acadou o seu estilo típico. Trazados cunha precisión depurada, evitando os sombreados a fin de adecualos ás posibilidades da tipografía, os seus debuxos eran dun erotismo refinado e corrosivo. O elemento decorativo das súas obras tórnase luxurioso en The rape of the lock (Forzar a fechadura, 1896), de Pope, e Volpone (1897-1898), de Ben Jonson, e pornográfico en Lisístrata (1896), de Aristófanes.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Brighton, Sussex -
Deceso
Lugar : Menton, Provenza