Beariz
Beariz
Río afluente pola esquerda do Doade (da conca do Avia, afluente do Miño). Nace no Alto de Fornillos a 790 m de altitude, na parroquia de Lebozán (Beariz). O seu curso adopta unha dirección S e penetra na parroquia de Beariz, onde desemboca no límite coa parroquia de Baíste (Avión).