Beatrice Foods Company
Beatrice Foods Company
Empresa alimentaria norteamericana fundada en Chicago (Illinois) en 1924 co nome de Beatrice Creamery Company, modificado polo actual no ano 1946. Destaca especialmente no campo dos produtos lácteos e na fabricación de artigos de pel (Samsonite). En España participa na Conservera Campofrío S A (Burgos) e na fábrica de xeados Marisa, que comprou en 1979. En 1990 foi absorbida por Conagra Avicultura S A.