beato -ta
beato -ta
(
-
s
[RELIX]
Persoa beatificada pola Igrexa Católica.
Ex: O beato Escrivá de Balaguer foi o fundador do Opus Dei.
-
s
[RELIX]
Persoa moi devota, que frecuenta moito as igrexas e os lugares de devoción, que ten unha enorme vocación relixiosa.
Ex: Entraron un grupo de beatos para visitar a Catedral.
-
s
Persoa que leva hábito de relixioso sen vivir en comunidade nin seguir unha regra determinada, ou que vive retirada sen pertencer a unha comunidade relixiosa.
Ex: Vivían como beatos nesa aldea restaurada.
-
adx
Benaventurado ou feliz.
Ex: Desde o pasamento da muller nunca volveu ser beato.
-
adx
Que finxe unha devoción ou un comportamento que non ten. OBS: Úsase a miúdo con connotacións despectivas.
Ex: Este grupo de beatas sempre está falando mal dos veciños.