Beatles, The

Beatles, The

Grupo instrumental e vogal inglés formado en Liverpool (1956), integrado por John Lennon (1940 - Nova York 1980), guitarra rítmica; Paul McCartney (1942), baixo eléctrico; George Harrison (1943), guitarra solista; e Ringo Star (1940), batería. O seu primeiro disco como The Beatles data de 1962. Considerado o grupo máis importante de toda a pop music, foi o iniciador do fenómeno beat. Partindo da base rítmica do rock, as súas melodías seguen unha evolución constante, con influxos do rythm and blues, do rock e do blues progresivo. Posteriormente adoptaron melodías orientais, ata inclinarse cara a un eclecticismo que favoreceu o influxo internacional da súa música. Interviñeron en diversas películas. En 1970 o grupo disolveuse. Na súa discografía destacan: Love me do (1962), Please please me (1963) e Sergeant Pepper’s lonely hearts club band (1967).

Palabras veciñas

beatífico -ca | beatísimo -ma | beatitude | Beatles, The | beatnik* | beato -ta | Beato de Liébana