Beauvais

Beauvais

Capital do departamento de Oise, na Picardía, Francia, preto de Thérain (54.190 h [1990]). É un núcleo industrial moi coñecido pola confección de tapices. Notre-Dame da Basse-Oeuvre (987-988) é a súa primitiva catedral, de formas sinxelas. A catedral nova é a de Saint-Pierre, de estilo gótico, que, pese a estar só composta de cabeceira e transepto, é unha das máis destacadas de Francia. A cidade, núcleo principal dos belóvacos, foi sometida polos romanos (52 a C) logo da revolta daqueles, adoptando o nome de Caesaromagus. Converteuse en sé bispal; foi un dos centros máis florecentes e poboados do norte de Francia a finais do s XI.